Disque TV- Hoxe Falamos Con… Feijóo

Chegou o día, en exclusiva para o noso canle, dende o Parlamento de Galicia para todos vós.  Hoxe Falamos Con… ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, Presidente da Xunta de Galicia.

Tivemos a sorte de que o presidente nos concedera uns 45 minutos do seu tempo. A entrevista é a máis longa que fixemos e decidimos facer dúas versións. Unha completa con todo o que lle preguntamos e co que respostou e outra moito máis resumida.

Esperamos que vos guste.

Nós temos que dar as grazas ao Presidente da Xunta e a Marta Varela pola súa amabilidade e sobre todo por todas as facilidades que puxeron para que puidéramos facer este proxecto realidade.

Disque TV- 19º emisión

Hoxe en HFC temos unha entrevista especial, xa que cando estabamos a preparar a entrevista a Claudia a mestra de Audición e Linguaxe do centro enterámonos que para o vindeiro curso ela estará adicada ao os nenos e nenas do EEII do milladoiro.

Ademais tamén emitimos Disque noticias con algunha cousa que pasou non centro.

Botádelle un vistazo.

Disque TV- 18º emisión

Temos as vacacións a volta da esquina. E nós con moitas cousas por emitir. Esta semana andivemos un pouco apurados pero non queríamos deixar pasar a semana sen emitir na nosa canle.
Dous programiñas saen hoxe, Disque noticias que nos falan dun contacontos e Hoxe Falamos Con… no que entrevistamos ao secretario do CPI Santa Lucía.