Blog

Disque TV

Para case rematar temos dous programas recen saídos do forno.

Unha entrevista con Mª Lusia Piñeiro alcaldesa de Moraña a que lle facemos entrega dun Folleto turístico do noso municipio creado por nós. E tamén temos un Disque noticias sobre a saída a illa de Ons.

 


Grazas a todos os seguidores de Disque TV.

Disque TV- Hoxe Falamos Con… Feijóo

Chegou o día, en exclusiva para o noso canle, dende o Parlamento de Galicia para todos vós.  Hoxe Falamos Con… ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, Presidente da Xunta de Galicia.

Tivemos a sorte de que o presidente nos concedera uns 45 minutos do seu tempo. A entrevista é a máis longa que fixemos e decidimos facer dúas versións. Unha completa con todo o que lle preguntamos e co que respostou e outra moito máis resumida.

Esperamos que vos guste.

Nós temos que dar as grazas ao Presidente da Xunta e a Marta Varela pola súa amabilidade e sobre todo por todas as facilidades que puxeron para que puidéramos facer este proxecto realidade.

Valoracion de Damián Souto Ferro 2016-2017

A miña valoración do curso e moi boa porque fixemos moitas cousas interesantes, tamén fixemos moitos experimentos cos que aprendemos moitas cousas. Fixemos moitas entrevistas aos profes do colexio . Tamén lle fixemos unha entrevista a o presidente da Xunta  de Galicia Alberto Núñez Feijóo . Aprendin moito este curso e espero que para o ano sea igual de divertido .

Damián Souto Ferro.

Opinión de Desiré Núñez Monteagudo

A min o curso encantoume, pasoume moi rápido. Tamén me gustou cando utilizamos dispositivos electrónicos, con isto refírome a ipads e portátiles.

A min encántame a informática, o que pasa é que non se me da moi ben, pero o seguirei intentando ata conseguilo.

O peor deste ano foi que cancelaron unha festa india chamada “Holi” e tamén é que unha profesora chamada Claudia vaise do colexio.

O mellor foi que fixemos un blogue e un canle de Youtube, pero o que máis me encantou de todo isto foi levarme ben cos meus compañeiros de  grupo.

                                 ¡¡¡Somos mellores amigos!!!

Desiré Núñez Monteagudo